publicidade hoxe

6ª Edición do “Mercadiño Solidario” de Arbo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArboCalendario
A-
A+

O domingo 15 de decembro, de 10 da mañá a 6 da tarde celébrase no Edificio Multiusos de Arbo a 6ª Edición do “Mercadiño Solidario”

ONGs participantes:

-De protección animal: O Jatican, Lena Protectora de Animais.

-De axuda ao 3º Mundo :Asociación de Solidaridad San Roque, Intermón Oxfarm

-De axuda a infancia: Fundai

-De loita contra a droga e axuda ó toxicómano: Asociación Reto a la Esperanza.

-De axuda a Terceira Idade: Centro de Social cultural e recreativo de Messagaes, Valadares e Sa.

-Asociacións solidarias: Asociación solidaria Paradanta

Artigos á venta:

Roupa, bisutería, mobles, libros, xoguetes, alimentos procedentes do comercio xusto, tapicerías, artesanía, plantas… Todo para facer os regalos de Nadal axudando aos que máis o precisan.

Obxectivos:

- Que a través dos postos no mercado, se poida informar ao cidadán das actividades que levan a cabo as ONGs do sur da nosa comunidade e os nosos veciños de Portugal.

- Concienciar da realidade que nos rodea.

- A colaboración económica coas diferentes causas, por medio da compra dos produtos ofertados.

A organización e publicidade e levada a cabo polo Concello de Arbo.

Dado que é un acto solidario o aluguer dos espazos por parte das ONGs é de balde.

Concertos en directo”

Por outra banda, o domigo 15 de decembro, ás 6 da tarde tamén se celebrará no Edificio Multiusos un Concerto da Banda Infantil  “Luis Costa” de Ribadavia e Concerto de “Boletus Love”

13 de decembro de 2013 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.