50 nenos participan no Campus de Fútbol AFAC de Nadal
No día de hoxe comezou unha edición máis do Campus de Fútbol AFAC de Nadal coa participación de cincuenta nenos. O campus celébrase desde hoxe até o venres en horario de 10:00 a 14:00 horas na Cidade Deportiva da Torre. A actividade no día de mañá centrarase na súa totalidade nas instalacións do Club do Mar de San Amaro onde os nenos pasarán unha nova xornada de diversión e adestramento. O campus descansará o día 25 que non hai actividade e regresará o xoves día 26 coa actividade deportiva de sempre nas instalacións municipais da Cidade Deportiva da Torre.











