300 remeiros desputarán no polideportivo ferrolán da Malata o Campionato Provincial de Remo Indoor
A concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, e o presidente do Club de Remo San Felipe, Daniel Rodríguez, presentaron esta mañá o Campionato Provincial de Remo Indoor que se disputará no polideportivo da Malata o vindeiro domingo, día 15, a partir das 10:00 horas. O Concello de Ferrol colabora na celebración deste evento, que está organizado polo Club de Remo San Felipe e que está aberto a todos os remeiros sexan ou non federados, e en todas as categorías -dende alevín ata veteranos- tanto masculinas como femininas. Aínda que a competición ten carácter individual, de maneira paralela á mesma terá lugar unha por equipos.
Martínez Galdós salientou a gran afección que existe na provincia a este deporte, e engadiu que se espera unha participación de arredor de 300 remeiros pertencentes a todos os clubs da provincia da Coruña. “Dende a Área de Deportes convidamos a todos os amantes do remo a participar nesta xornada que, como en anteriores ocasións, será todo un éxito non soamente de deportistas se non de público en xeral”, asegurou a edil ferrolá. Martínez Galdós felicitou ao Club de Remo San Felipe por esta iniciativa, e lembrou a aposta da Concellería de Deportes do Concello de Ferrol “na promoción dos deportes náuticos, calquera que sexa a súa especialidade”.











