publicidade hoxe

27 xóvenes de Mos recollen o diploma de Mecánica Básica do Automóbil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

A deputada provincial Marta Iglesias asistiu onte pola tarde, acompañada pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón, á entrega de diplomas ós alumnos e alumnas do curso de Mecánica Básica incluído no programa Actívate.

A concellería de Participación Cidadá de Mos foi a encargada de promover este curso de Mecánica Básica do Automóbil do programa Actívate 2013, financiado pola Deputación de Pontevedra, e que foi realizado por un total de 27 mozos e mozas mosenses; os mesmos que onte acudiron ó Centro de Desenvolvemento Local mosense a recoller o seu diploma.

Os obxectivos desta acción formativa eran mellorar as competencias profesionais dos xoves para posibilitar e incrementar as súas posibilidades de acceso ó mundo laboral, e posibilitar a adquisición de nocións básicas sobre a mecánica do automóbil. Os destinatarios desta acción formativa foron mozos e mozas de 16 a 35 anos de idade. A duración do curso foi de 40 horas.

As clases, xa finalizadas, impartíronse nas instalacións do CDL de Mos.

10 de decembro de 2013 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.