200 persoas encheron o centro cultural de Sigüeiro para disfrutar do V Concerto de Panxoliñas
O auditorio do centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro quedou pequeno para acoller a quinta edición do Concerto de Panxoliñas, organizado polo Concello de Oroso dentro do seu Programa de Nadal 2013. Un concerto no que participaron seis agrupacións locais, tanto de nenos como de adultos, que interpretaron varias dúas ou tres panxoliñas cada un.
Polo escenario do centro cultural pasaron os integrantes da asociación cultural Santa Catalina (primeiro cun grupo de rapaces e despois cun de adultos), da asociación cultural Amigos do Acordeón (Sigüeiro), da asociación de mulleres labregas “As Medorras de Oroso”, da Aula de Música de Oroso, do coro da Asociación da Terceira Idade e do grupo Néboas no Cumio (Oroso). Un concerto que rematou cunha actuación conxunta dos distintos grupos.