Zafarrancho na avenida da Estación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, organiza un novo zafarrancho no ámbito urbano da cidade. Será na rúa da Estación, dende a rotonda con Fernández Ladreda até a rotonda de Renfe, na marxe dereita.

A limpeza realizarase na madrugada do xoves. Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocaranse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona. A prohibición é efectiva dende a tarde do mércores.

A limpeza desenvolverase con varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.

19 de novembro de 2013 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.