publicidade hoxe

Xornadas sobre psicoloxía clínica en Ares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAres
A-
A+

O Concello de Ares colabora coas XVIII Xornadas de Psicoloxía Clínica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, que se desenvolverán durante os días 15 e 16 no mosteiro de Santa Catalina. “A ausencia: Clínica do rural mariñeiro galego” é o nome de ditas xornadas, que congregarán no cenobio ao longo dos dous días a arredor de cen persoas.

O alcalde, Julio Iglesias, participará no acto inaugural, que terá lugar ás 09.30 horas do venres, e no que tamén intervirán a decana do Colexio Oifcial de Psicoloxía de Galicia, María Rosa Álvarez Prada, e Irene Martínez Montero, a presidenta do Comité Científico.

Ao longo destas xornadas, diferentes expertos nos diferentes ámbitos relacionados co tema da ausencia no rural mariñeiro galego falarán sobre cuestións tales como a perda, o proceso e loito polo suicidio, a estrutura e relación ou cómo asumir o baleiro. As xornadas desenvolveranse no mosteiro en horario de mañá e tarde, no caso do venres, e de mañá, no do sábado. Na xornada de clausura tamén se procederá á entrega de premios á mellor comunicación libre e ao mellor póster presentados.

13 de novembro de 2013 | 13:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.