Xornadas ‘Inicia e crea’ na Eurocidade Chaves-Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia realizará os días 20 e 21 de novembro, na sede da Eurocidade Chaves-Verín, unhas xornadas formativas para apoiar aos mozos e mozas na xestión de proxectos que queiran emprender. Preténdese que estas xornadas sexan un punto de encontro empresarial que englobe as últimas tendencias aplicables a tódalas áreas da empresa, para aportar claves sobre as novas técnicas que afronten con éxito a xestión empresarial, facendo fincapé nos emprendedores e naqueles mozos/as que desexen dar continuidade as empresas familiares mediante o relevo xeracional  e lles falten as ferramentas necesaria para elo.

Esta iniciativa está enmarcada dentro do proxecto Emprende, aprobado ao abeiro do Programa da Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de  Portugal 2007-2013 (POCTEP), que ten por obxectivo principal fomentar a creación de empresas, de emprego e autoemprego para a mocidade, promovendo actividades que convertan o espazo de cooperación transfronteirizo nun marco atractivo para novas actividades económicas e empresariais. Os socios neste proxecto son a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, Instituto Português da Juventude e Deportes, Confederación Empresarios de Galicia, Federación Nacional de Asociaciones Juveniles de Portugal e  Fundación Galicia Europa, e conta coa colaboración da Eurocidade Chaves-Verín.

Na primeira xornada, “Financia o teu negocio” o obxectivo é dar a coñecer as distintas posibilidades de financiación alternativas para a creación de novas empresas. Os resultados que se pretenden son: detectar os puntos esenciais  a ter en conta a hora de presentar os datos financeiros para conseguir financiación, coñecer a forma de controlar o seu estado financieiro, aprender a realizar un orzamento de forma sinxela e determinar cales son as formas de financiación que máis se adecúan as súas necesidades. O programa desta xornada, articulada en tres horas, é: como financiar unha inversión, métodos alternativos de financiación, as alianzas estratéxicas, relacións coas entidades financeiras, consellos financeiros para os autónomos e xestión de axudas e subvencións.

Durante a segunda xornada, “Claves para a internacionalización da túa empresa”, búscase orientar ao asistente tanto no proceso de selección dos mercados obxectivos para realizar o proceso de internacionalización  como na organización dos recursos para o seguimento das súas actividades internacionais. A mesma está destinada a: seleccionar os mercados de traballo, organizar os recursos para o seguimento das actividades internacionais, e-comercializar, seleccionar aos intermediarios locais e comercializar os seus  produtos  nun entorno distinto. O programa, tamén de tres horas, articulase en torno a: como avaliar o potencial que ten a empresa propia para internacionalizar, creación e implantación da estratexia para internacionalizar, deseño dos canais de distribución, establecemento dos obxectivos comerciais, a campaña de comunicación e claves para e –comercializar

As prazas para cada xornada son dun máximo de 20 persoas (un mínimo de 10 persoas). Os/as participantes (mozos/as emprendedores con  con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, que xa teñan constituído unha empresa ou que proxecten facelo nun futuro inmediato e que contemplen a internacionalización dos seus proxectos empresariais como unha vía de expansión) serán seleccionados/as por orde de inscrición e recibirán un correo de confirmación no suposto de ser seleccionado/a para participar. E as inscricións, que se poden realizar ata a dous días antes da data de celebración de cada xornada, deben efectuarse en http://xuventude.xunta.es/2013022611837/carmela-pereiras.html. Para máis información roteiros.ctb@xunta.es e os teléfonos 981 544 645 e 981 545 937

7 de novembro de 2013 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.