Xornada divulgativa “O Futuro das Pensións” en Carballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

Co obxectivo de manter informados os seus colaboradores e mutualistas, MC MUTUAL, en colaboración con AXOBER, organizou esta xornada divulgativa, na que se expoñerán as modificacións lexislativas máis recentes en materia de Seguridade Social, que inciden na regulación da xubilación, tanto ordinaria coma anticipada e parcial.

Ao longo da sesión, repasaranse os cambios lexislativos, introducidos pola Lei 27/2011, que entraron en vigor o pasado 1 de xaneiro e que impactan directamente na idade de xubilación e no cálculo da pensión; e as modificacións posteriores, consideradas no RD-Lei 5/2013, que establece a regulación sobre as modalidades de xubilación anticipada, e parcial, así como novas medidas de compatibilidade entre a xubilación e o traballo.

Lugar: FORUM CARBALLO
Rúa Praza dos Bombeiros Voluntairos, s/n Carballo
Data: xoves, 28 de novembro de 2013
Horario: de 20:30 h a 21:45 h

21 de novembro de 2013 | 10:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.