Xogadores do Santiago Futsal convocados ao adestramento da Selección Galega Cadete
A Federación Galega de Fútbol Sala deu a coñecer o listado de xogadores convocados coa selección galega en categoría Cadete, para realizar unha sesión de adestramento este venres día 8 ás 17 h no Pavillón Monte dous Postes. Catro foron os xogadores do Santiago Futsal que irán convocados neste primeiro adestramento: Adrián Arnejo Mallo, Antón Arnejo Mallo, Iago Fernández Martín e Javier García Pereira.











