Xogadoras da selección de Angola adestrarán co Mecalia

Xogadoras angoleñas que adestran en Galicia
Durante o descanso estival no seu país, as xogadoras de balonmán angolanas con máis proxección, son enviadas a diversos países europeos cun bo nivel balonmanístico para que poidan xogar cedidas ou polo menos adestrar en clubs da máxima categoría.
Con este obxectivo chegaron, tras acordos do Atlético Guardés coas autoridades deportivas angolanas, dúas xogadoras dese país, o lateral Teresa Leite (18 anos) e extrémoa dereita Xuliana Machado(19 anos), ambas as dúas do club 1º de Agosto, en plan de cedidas.
Grazas a este tipo de acordos, xa outras xogadoras profesionais dese país, completaron a súa formación no exterior (Francia, Portugal, Austria e España).
Nun principio, as dúas xogadoras incorporaranse aos plans de adestramento de Manu Etayo, descartándose de momento a incorporación dalgunha delas ao equipo (O Guardés soamente dispón dunha praza vacante de estranxeira), para ver a súa evolución e adaptación ao ritmo e forma de xogar do Mecalia.
Ademais, estas dúas xogadoras, cuxo mantemento e gastos corren por conta do goberno do seu país, deberán completar a súa formación académica e en especial en idiomas.











