XesGalicia e o Cluster TIC presentaron na CEO a Rede Galega de Investidores Particulares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseOurense
A-
A+

Juan Cividanes Roger, director de XesGalicia e Rosa Méndez Calvo, xerente do Clúster TIC, participaron esta mañá nun almorzo de traballo na CEO para presentar distintas iniciativas destas entidades. O presidente da Confederación Empresarial, José Manuel Pérez Canal, foi o encargado de abrir o encontro, e aproveitou para aplaudir a colaboración que estas dúas entidades levan a cabo, que dá como resultado o apoio a proxectos innovadores nun contexto económico complicado: Só con iniciativas como estas, que fomenten o emprendimiento e o investimento en proxectos emerxentes,” é como conseguiremos que a situación dea un xiro notable que se traslade con rotundidade á economía real e favoreza a creación de emprego.

A continuación, Juan Cividanes deu a coñecer a Rede Galega de Investidores Particulares e o papel que os Negocios Angels desempeñan nesta plataforma. Estes investidores privados financian o desenvolvemento empresarial mediante participacións no capital social de empresas emprendedoras.

Nesta liña, Rosa Méndez, fixo unha descrición do labor que leva a cabo o Clúster para poder poñer en marcha esta Rede de Investimento. Comentou igualmente que a devandita rede celebra este ano a súa cuarta edición, e que o aumento de participantes, tanto investidores coma emprendedores, creceu ao longo destes anos. Méndez destacou que son moitas as iniciativas innovadoras que buscan participar no Foro de Investimento, pero que o Clúster só selecciona aquelas que teñen potencial para interesar aos posibles investidores ou Negocio Angels. Este programa conta cun seguimento personalizado do proxecto antes da presentación no Foro que se fai mediante as Academias de Formación e de Prol-Acelaración ofrecidas dende o Clúster.

Finalmente, Rosa Méndez invitou os asistentes a participar no próximo Foro de Investimento Vindeira Capital Network, que terá lugar o 21 e o 22 de novembro en Santiago de Compostela, e contará coa presenza de 24 investidores e 9 proxectos previamente validados.

19 de novembro de 2013 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.