XesGalicia e Clúster TIC Galicia dan a coñecer as súas iniciativas na CEO
Juan Cividanes Roger, director de XesGalicia, e Rosa Méndez Calvo, xerente do clúster TIC Galicia, acudirán á sede da Confederación Empresarial para intercambiar cos asistentes diversas propostas de colaboración en torno a proxectos que actualmente ambas as dúas entidades están a poñer en marcha, e que teñen que ver coas redes de investidores privados.
Nesta liña presentarase o Foro de Investimento Vindeira Capital Network, levado a cabo polo Cluster TIC de Galicia en colaboración con XesGalicia e Igape. Este foro terá lugar o 21 e 22 de novembro en Santiago de Compostela e nel presentaranse oportunidades de investimento en proxectos galegos de base tecnolóxica.
Acto: Almorzo de Traballo XesGalicia – Clúster TIC Galicia
Data: martes, 19 de novembro de 2013
Hora: de 9:00 a 10:00 horas
Lugar: Sala de Presidentes da CEO
Acoden:
Juan Cividanes Roger. Director de XesGalicia
Rosa Méndez Calvo. Xerente do Clúster TIC de Galicia











