Visita ao bariro da Agra da campaña ‘PMUS, barrio a barrio’
O Concello da Coruña, a través da área de Mobilidade que dirixe Begoña Freire, informa de que a campaña ‘PMUS, barrio a barrio’ a iniciativa que achegará os obxectivos do Plan de Mobilidade Urbana Sostible aos cidadáns co obxectivo de que estes fagan as súas achegas e suxestións, visitará, mañá xoves 7 de novembro, o barrio do Agra. En concreto estará na rúa Barcelona.











