publicidade hoxe

VII xornadas da semana da ciencia en Vedra “a reciclaxe tamén e ciencia”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

O Concello de Vedra desenvolveu esta pasada fin de semana as súas VII Xornadas da Ciencia e a Tecnoloxía.

Nesta ocasión coa temática de “A Reciclaxe tamén é Ciencia” propuso unha unha completa programación.

Para inaugurar as xornadas o sábado 23 ás 19.30 h no Centro Social de Vedra desenvolveuse unha Mesa Redonda coa temática “Experiencias Curiosas de aparellos reciclados”

Nela participaron:

Xosé Santiso (dono do Fogar de Santiso en Luou – Teo). Coas súas experianecias ecolóxicas en biocunstrución, reciclaxe, agricultura ecolóxica e gastronomía ecolóxica.

Javier Carro Castro ( arquitecto – técnico, enxeñeiro de edificación e veciño veciño de Vedra) coa súa experiencia en “construcción de vivendas con alpacas)

Lupe García Cabal (experta en decoración e veciña de Vedra) coa súa experiencia na reutilización de obxectos para a decoración.

O domingo 24 chegou a cita máis agardada polos pequenos, a Feira da Ciencia. Con ela o Pavillón Municipal transformouse por un día nunha gran feira cos proxectos dos máis de 200 escolares participantes nesta edición.

Nesta ocasión a feira tiña, como xa dixemos, como protagonista a reciclaxe e con este motivo os traballos expostos deron renda solta á súa creatividade, orixinalidade e por suposto á súa capacidade de reciclar misturada coa ciencia.

Dende logo unha experiencia moi positiva tanto para a organización como para as persoas participantes.

Nesta ocasión para o desenvolvemento da actividade contouse coa colaboración de SOGAMA (que ademáis facilitou unha unidade móbil da campaña Reciclate),  Gadis e a Fundación Barrié.

Gañadores da semana da  ciencia 2013

CATEGORÍA A (INFANTIL)

 Nesta participaron:

O CRA Boqueixón- Vedra coa súa  “A granxa do CRA”

A aula infantil do CEIP Ortigueira co seu “Castelo Infantíl”

 CATEGORÍA B (1º CICLO DE PRIMARIA)

O traballo gañador foi  “ A reciclaxe do Nadal”, realizado por:

Noelia Aude Gómez.      

Ainara Gómez Gamás.

Frans Do Roo Rivadulla.

CATEGORÍA C (2º CICLO DE PRIMARIA)

Nesta categoría o xurado decidiu dar dous premios:

– Primeiro premio ao traballo “reciclaxogos”, realizado por:

Carla Sánchez Fernández.                 

Helena Vacuas Neira.

– Segundo premio ao traballo “instrumentos musicais reciclados”, realizado por:

David López Furelos.

Domingos Pose Gómez.

Tareixa Pose Gómez.

CATEGORIA D (3º CICLO DE PRIMARIA)

Nesta categoría o xurado decidiu dar dous premios:

Primeiro premio ao traballo  “Lámpada ao teu gusto”, realizado por:

Candela Torre Lodeiro.

Lucía Freire Moure.

Segundo Premio “O deporte ecolóxico”

Xian Castro Deverell.

David Balsa Amenal.

Álvaro Figueiras Barros.

CATEGORÍA E ( 1º CICLO DE SECUNDARIA)

O traballo gañador foi “A mesa de vidrio e cartón”, realizado por:

– Alberto Rodríguez Rosende.

– Carlos Santos Suárez.

O xurado estivo composto por Javier Carro Castro (arquitecto – técnico, enxeñeiro de edificación) e Lupe García Cabal (experta en decoración) ambos veciños de Vedra e  protagonistas da Mesa Redonda do día anterior.

25 de novembro de 2013 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.