VII Xornadas da Ciencia e a Tecnoloxia en Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

O Concello de Vedra organiza as súas VII Xornadas da Ciencia e a Tecnoloxia.

Nesta ocasión o proxecto Vedra baixo o título de “A Reciclaxe tamén é Ciencia” acheganos unha programación que pretende encher esta próxima fin de semana de actividades interesantes.

Para poñer en marcha estas xornadas, que mobilizarán a máis de 200 escolares, durante esta semana presentase na Biblioteca Municipal  a exposición: “O noso mundo, o noso futuro a nosa opción” da Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestructuras que durante estes días será visitada polos escolares vedreses.

O Concello de Vedra pretende con este proxecto dinamizar e facer interactuar a vida educativa coa familiar, nunha cita que se está a facer xa ineludible na programación municipal.

Nesta ocasión para o desenvolvemento da actividade contouse coa colaboración de Gadis e da Fundación Barrié.

21 de novembro de 2013 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.