Vigo conmemora o Día contra a Violencia de Xénero reeditando o gran tapiz humano
Abel Caballero explicou que “contamos coa cooperación da maior parte dos centros de ensino medio da cidade” para o tapiz humano, formado o pasado ano por uns 2000 escolares de máis de 30 espazos educativos da cidade, que ocupará desde a farola de Urzáiz ata a rúa República Arxentina para converter a Vigo nun “clamor cidadá contra a terrible lacra que é a violencia de xénero”.
Ás 12 horas dará comezo a formación de tapiz humano, pero desde as 10:30 horas iniciarase a xornada coa chegada dos participantes e distintos actos de animación, como malabares, parkour, breakdance, baile moderno… Ledicia Costas e Nuria Carballido condicirán o acto, que precisará do peche ao tráfico do centro da cidade.
En paralelo, segundo explicou Caballero, o Concello e o Consello Municipal da Muller organizan unha exposición colectiva contra o violencia de xénero, do 21 ao 27 de novembro, a cargo de alumnado de 29 colexios vigueses. Os traballos serán expostos na rúa do Príncipe, en distintas expresións artísticas como pintura, debuxo, collage, graffitti e textos. O alcalde invitou a toda a cidadanía a achegarse e participar nos paneis ubicados fronte ao MARCO.
Abel Caballero concluíu animando á cidadanía, institucións e colectivos a que “levantemos a voz” e participar dos actos organizados contra a violencia de xénero, en “recordo de todas aquelas mulleres que o pagaron coa súa vida e tamén na defensa das que o están a pagar de forma oculta”.











