Victoria do Mecalia en Elche
Final de infarto, co marcador avariado, e incrible triunfo do Mecalia. ELCHE MUSTANG 21 – MECALIA ATL. GARDES 22
O importante triunfo xerouse nos últimos compases do partido. As ilicitanas sempre dominaron o marcador, pero sen lograr distanciarse e foi no minuto 26 cando as guardesas logran a igualada a 20, para poñerse por diante por primeira vez, 20-21. Xa no minuto 28 logra o Elche o empate a 21, para xa nos segundos finais unha intervención de Cristina Maestro propicia o contragolpe que nos dá o gol da vitoria de mans de Andrea Dapena.
Dous puntos que saben a gloria e que nos cargan as pilas de cara ao próximo mércores para recibir o Rocasa coa moral a tope.
Ficha do encontro
Polo Elche:
Trigueiros, Ester (2), Ana, Viala (2), Sempere (3), Fontes, Mussons (3), Genme(1), Múgiac (3), Mamen (4), Pi, Nuria (2), Flores, Requena (19
Polo Mecalia:
Ana Cerqueira (2), Vanesa Amorós (1), Barbara Cequeira (3), Ronsel Doiro (4), Carla Abad, Cristina Barrios, Cristina Maestro, Andrea Dapena (5), Alba Dapena (6), Irene Sanchez, Amit Izak, Catarina Corte (1), Laura Morais, Alesia Kurchankova.
Marcador cada 5 minutos:
2/1, 4/3, 5/4, 7/6, 9/7, 10/8
Descanso:
13/10, 15/12, 16/13, 18/16, 20/18, 21/22
Arbitros:Antonio Martin Franco e José Luis Fernandez Fernandez
Exclusións:
Polo Elche.- Ester, Sempere, Flores, Requena
Polo Mecalia.- Ana Cerqueira, Barbara Cerqueira, Vanesa Amorós, Alba Dapena e Andrea Dapena











