Unha vintena de nais e pais asisten aos obradoiros de linguaxe positiva
As actividades da Semana do Aleitamento Materno continuaron onte no Centro Goianés, co obradoiro “Linguaxe positiva e conduta alternativa”, a cargo da experta en coaching persoal e familiar, Teresa Hernández, e coa asistencia dunha vintena de nais e pais.
Esta tarde celebrarase outro obradoiro baixo o lema “Algúns trucos para a comunicación eficaz” (venres 29 de novembro, 17 hs. Centro de Goián).
Finalmente, o día 30 de novembro a compañía Migallas Teatro impartirá un obradoiro de nanas titulado “Entre arrolos e contiños”, no Auditorio de Goián, a partir das cinco da tarde.











