Unha senda circular de 4,2 quilometros une as parroquias de Piñeira e Distriz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O Concello de Monforte conta cunha nova senda entre as parroquias de Piñeira e Distriz ó largo dun itinerario circular próximo ás ribeiras do rio Cabe.

A ruta, preparada pola concellería de Medio Ambiente, ten unha lonxitude de 4, 2 Km. e unha dificultade baixa, xa que a zona pola que pasa é fundamentalmente chá. O seu inicio localízase en A Barxela, xunto á ponte sobre o Cabe, e o seu trazado descorre por unha zona incluída na Rede Natura 2000.

A limpeza da ruta e a súa sinalización levouse a cabo grazas a unha subvención da consellería de Presidencia (70 %) e a fondos propios do concello de Monforte (30 %), labores que tiveron un custo de 13.351 euros.

Os traballos de limpeza e desbroce das marxes da senda realizáronse durante o mes de outubro. Para a sinalización da ruta confeccionáronse e instaláronse un total de 9 paneis informativos e 35 sinais verticais indicadores do itinerario.

Os paneis ofrecen información sobre as características da senda e o seu trazado, sobre os espazos naturais e os recursos da Rede Natura 2000, e sobre a vexetación e os elementos de interese que poden verse no percorrido.

O trazado da ruta comeza en A Barxela e continúa por Distriz, Babela e O Carballo, rematando de novo en Piñeira. Os cultivos do Val de Lemos, a vexetación de ribeira, e as construcións de arquitectura popular, son algúns dos atractivos desta senda.

7 de novembro de 2013 | 13:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.