Unha muller da Coruña tivo que ser trasladada ao hospital por intoxicación con monóxido de carbono
Unha muller foi trasladada na mañá deste xoves en ambulancia a un centro hospitalario afectada por unha suposta intoxicación de monóxido de carbono na súa vivenda na Coruña.
Segundo os datos facilitados polo 112 a Europa Press, ás 8.48 horas deste xoves recibiuse un aviso por unha posible fuga de monóxido de carbono nunha vivenda situada no número 15 da rúa Cervantes, na cidade herculina.
Foron mobilizados os Bombeiros da Coruña, Policía Local, Protección Civil, Repsol e o 061, que comprobou que a muller presentada síntomas de estar afectada por unha posible intoxicación de monóxido de carbono.
En concreto, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia medicalizada para atender á afectada, que foi levada ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac).
Fontes dos Bombeiros da Coruña puntualizaron que ao chegar ao lugar as medicións realizadas ante a posible fuga de monóxido de carbono deron “cero”.











