Un total de 22 xovenes de Gondomar participan nun curso de primeiros auxilios
Un total de 22 mozos e mozas de Gondomar están a participar, desde o pasado 8 de novembro, nun curso sobre Aplicacións de medidas de seguridade e primeiros auxilios.
A actividade, que forma parte do Programa Actívate levado a cabo pola Deputación Provincial de Pontevedra, consta de 40 horas de formación na área dos primeiros auxilios e se desenvolverá ata o 21 de novembro en horario de 9:30 a 13:30 horas.
Con este programa a Deputación de Pontevedra pretende dar unha formación que responda as demandas da xente nova da provincia e que avala a traxectoria formativa levada a cabo pola Concellaría de Xuventude do Concello de Gondomar.











