Un policía local de Tui acada a medalla de prata no Campionato de Judo de Portugal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaTui
A-
A+
Avelino Martínez

Avelino Martínez

A pasada fin de semana celebrouse no pavillón multiusos de Odivelas (Portugal) o Campionato de Judo de Portugal, onde o policía local tudense Avelino Martínez acadou a medalla de prata na categoría de – 81 kg (50-54 anos).

Avelino Martínez, que nesta tempada participa nas filas do Judo Clube Valença, competiu contra os mellores judocas nacionais, e tras un duro combate contra quen se converteu ao final en campión, logrou o subcampionato portugués na súa categoría máster.

Este non é o primeiro éxito de Avelino Martínez no mundo do judo, dado que xa acadou dúas veces o Campionato de Europa de Policías e Bombeiros (EUROPOLYB), competición na que nas súas últimas participacións conquistou seis medallas de ouro e dous de bronce.

O Concello de Tui desexa felicitar a Lino Martínez polo éxito acadado neste campionato, así como o anima a seguir adestrando de cara as próximas probas nas que participe.

27 de novembro de 2013 | 13:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.