Un obradoiro ensinará aos xóvenes de Ourenes a elaborar os seus propios produtos cosméticos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Concellería de Xuventude, dentro de su programa de actividades para mozos, organiza un obradoiro de cosmética artesanal. O curso ensinará aos participantes a crear, partindo dunha crema base, moi diversos tipos de cremas personalizadas hidratantes e nutritivas, escollendo os ingredientes e adaptando a fórmula axeitadamente.

Os participantes tamén terán a oportunidade de aprender a usa-los activos (antioxidantes, rexeradores, reafirmantes, antienrrugas, anticelulite…) para as súas cremas, coñecer os que resultan máis eficaces para diferentes finalidades aprendendo, en definitiva, a crear os seus propios produtos de cosmética natural adaptados ás súas necesidades.

O curso desenvolverase os xoves 12 e 19 de decembro, de 18:00 a 20:30 horas, no local social do Centro da Agrupación Miño, na rúa Doutor Marañón, nº 6. É unha actividade gratuíta e conta con 16 prazas para mozos maiores de 15 anos. Tódolos interesados poden recibir máis infomración ou inscribirse na Concellería de Xuventude, na Praza de San Martiño nº 2 baixo dereita, teléfono 988 38 81 54 e no mail  xuventude@ourense.es.

Consta de dos módulos. O primeiro abranguerá contidos como os champús, enxuagues de cabelo, bombas de baño, aceites corporais, desodorante, pasta de dentes, elixir bucal e crema despois do barbeado ou tónico antes do barbeado

O segundo módulo tratará sobre o cacao, a protección labial ou de corpo, as cremas hidratantes para peles graxas e mixtas, crema de mans, mascarilla de pelo ou cara, contorno de ollos, etc.

27 de novembro de 2013 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.