Un novo roteiro Castelao para o IES Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Parte do alumnado do IES de Ponte Caldelas fará mañá martes, día 5 de novembro, o roteiro Castelao polas rúas da zona histórica de Pontevedra, saíndo ás 10.30 horas da praza da Ferraría. Este non será o primeiro roteiro que este centro solicita pero si que o será para os 45 alumnos/as que forman parte do seu Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.

O Concello de Pontevedra segue a ofrecer visitas guiadas pola Pontevedra máis vencellada a Castelao, co obxecto de ligar o uso da lingua galega aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica inserida no contorno xeral da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano. O percorrido inclúe unha visita ao edificio modernista da Fundación Caixa Galicia, onde se situaba o Café Moderno.

Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos informados.

4 de novembro de 2013 | 15:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.