Un grupo de profesores da cidade galesa de Cardiff visitan os centros educativos de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolGalicia exteriorLocal Portada
A-
A+
Recepción aos profesores galeses

Recepción aos profesores galeses

A concelleira de Educación do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, recibiu esta mañá un grupo profesores e profesoras de diferentes centros educativos da cidade de Cardiff (Gales) que forman parte dun programa educativo e no que tamén participan catro centros escolares da cidade. Este acordo de colaboración, con carácter bianual, permite o intercambio de calquera tema de relevancia e interese común para as dúas cidades.

Martínez Galdós, recibiu ao profesorado galés no Salón de Recepcións do Consistorio, un dos espazos nobres situado na primeira planta do Pazo Municipal. A edil explicoulles brevemente a historia do edificio e percorreu coa delegación galesa a zona de Alcaldía ata chegar ao Salón de Plenos. Na visita tamén estiveron diferentes representantes dos centros escolares da cidade que participan neste programa de cooperación e intercambio, que son o CEIP San Xoán de Filgueiras, o CPR Santa Xoana de Lestonnac e o IES Concepción Arenal.

Finalmente, o grupo de profesores e profesoras de Cardiff recibiu de agasallo cadanseu libro sobre o escritor ferrolán Gonzalo Torrente Ballester.

4 de novembro de 2013 | 14:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.