Un concerto acústico de Rosa Cedrón abre o ciclo “Monumenta” en Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioTui
A-
A+

Este sábado comeza en Tui o ciclo “Monumenta” posto en marcha pola Xunta de Galicia co obxectivo de pór en valor o patrimonio que vén de ser obxecto de obras de restauración ou que vai ser restaurado en breve. Durante un mes distintos espazos, como o Claustro da Catedral de Tui, o Santuario da Angustia en Betanzos, a igrexa de San Miguel de Osmo en Cenlle, a igrexa de Santa María de Nogueira de Miño en Chantada, a igrexa do Mosteiro de Santa María de Armenteira en Meis, a Igrexa do Mosteiro de San Clodio en Leiro, e o Mosteiro de San Xusto de Toxos Outos de Lousame, van acoller unha serie obradoiros sobre a restauración acometida en cada monumento seguida dun concerto.

6 de novembro de 2013 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.