Un centenar de persoas inscribíronse na carreira popular “Corre por Ferrol”
Preto dun centenar de persoas están inscritas a día de hoxe para participar na Carreira Popular Carrefour-Ferrol “Corre por Ferrol” que se celebrará o vindeiro domingo, día 17 de novembro. Os interesados en formalizar a súa inscrición de participación na proba deportiva poderán facelo ata o vindeiro xoves, día 14, a través da páxina web: www.championchipnorte.com ou no hipermercado Carrefour de Ferrol.
Esta proba dará comezo ás 11:00 horas na Praza de Armas e percorrerá 10 quilómetros de zonas emblemáticas da cidade e visitarán o centro Carrefour no polígono de O Boial. Este percorrido será para a categoría absoluta, mentres que as categorías menores realizarán outras distancias a partir dos 100 metros. O prezo da inscrición nesta carreira popular é de 2 euros para a categoría absoluta, mentres que para as categorías menores será gratuíta. Así, todos os fondos recadados nesta carreira será doados a unha ONG ferrolá.
Inscricións nos centros escolares
Ademais, estase repartindo follas de inscrición aos centros educativos da cidade para facilitar a participación dos rapaces e rapazas. Así mesmo e para que os menores poidan formalizar a súa inscrición, facilítase unha autorización que o pai, nai ou titor legal deberán asinar para a participación do mesmo.











