Últimos días para inscribirse na terceira edición do Mercado de Nadal de Neda
Comerciantes e artesáns interesados en participar na terceira edición do Mercado de Nadal que promove o Concello deben formalizar a súa inscripción antes do vindeiro 15 de novembro. Para iso, tan só deben cubrir a ficha correspondente na casa consistorial de luns a venres de 9 a 14 horas e abonar unha fianza de 30 euros que recuperarán no inicio da cita. O obxetivo é garantir que este ofreza todo o publicitado pola organización. Así, a concelleira de Promoción Turística, Montse Rico, avanzou que o Mercado se celebrará este ano os días 14 e 15 de decembro, coa posibilidade de engadir o venres 13 en función da opinión dos participantes. E, como novidade, a edil subliñou que esta terceira edición a cita terá lugar baixo carpa, co ánimo de evitar que as condicións climatolóxicas inflúan no desenvolvemento da mesma.
Nesta liña, Montse Rico sinalou que os seus obxetivos son promocionar a actividade económica dos comerciantes da localidade favorecendo o inicio das compras de Nadal e, á par, dar a coñecer a vila de Neda. ¿Oferta posible? Dende produtos gastronómicos típicos da época (turróns, cavas, polvoróns…) ata posibles agasallos para as datas de Nadal e Reis, pasando polas árbores ou ingredientes para elaborar os menús nesta época. Ademáis, o Concello traballa na organización de toda unha programación de actividades paralelas, entre as que xa ten confirmada unha zona de exposición de xogos tradicionais na que, amáis de poder comprobar o seu funcionamento, os máis pequenos poderán elaborar algúns destes xoguetes.
A cuota a abonar para participar variará en función do espazo. Así mesmo, o Concello establecerá importantes descontos para os comerciantes locais co ánimo de facilitar a súa participación e, como ocorreu na edición do 2012, aquelas entidades sen ánimo de lucro poderán volver a asentar os seus postos de venda sen custe algún.
Así mesmo, o Concello pon a disposición dos interesados os seguintes enderezos electrónicos para trasladar as súas peticións de información: alcaldia@neda.es e montse.rico@neda.es.











