Últimas xornadas para inscribirse no Encontro de Maiores que o Concello de Neda celebrará en Viladonelle
O Concello celebrará a sexta edición do Encontro de Maiores da localidade o próximo día 22 de novembro no local da asociación de veciños de Viladonelle. A cita inclúe unha cea a base de sopa, cocido, bola, tarta, café e refrescos, así como o baile posterior con música en directo. A festa dará comezo sobre as 20,45 horas e a participación é completamente gratuíta para os nedenses maiores de 65 anos empadroados na real vila.
Iso si, é preciso inscribirse previamente nas oficinas municipais de Servizos Sociais, de luns a venres de 9 a 14 horas. O prazo para anotarse remata este luns, 18 de novembro.
Deste xeito, o Concello anima aos maiores da localidade a sumarse a este enco-ntro co que se pretende ofrecer unha actividade de ocio activo para a Terceira Idade, fomentando as relacións entre o colectivo.











