Última oportunidade para visitar as exposicións do Pazo da Cultura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Mañá, domingo 17 de novembro, en horario de 11h. a 14h. teremos a última oportunidade de visitar as exposicións “Na beira do río. Diálogos na pintura” e “Tempo gris”. A primeira, inaugurada o 18 de setembro, pertencía a os artistas Eduardo Dios e Pancho Rodiño, establecendo un diálogo entre as pinturas de ambos. Cada unha no seu estilo, pero compartindo en moitas obras a gama cromática e o entorno de pedra e auga. Hai pouco máis dunha semana, se presentaba o catálogo desta mostra, o terceiro “diálogo na pintura” que fai compartir escenario a dous artistas na beira do río.

Pola súa parte, a fotografía de Juan Adrio, chegou á Sala de Exposicións o 27 de setembro, enchendo as paredes co seu “Tempo Gris”, que plasmaban a súa percepción do mar e o seu horizonte. Unha liña límite coa que se xoga ao longo desta exposición na que oito fotografías de gran formato nos levan ata o interior desa natureza, compoñendo un miradoiro inimaxinable dende o que albiscar un tempo gris que vai máis alá do metereolóxico para pulsar o latexo deste tempo noso. Xunto a elas outras dúas series nas que se recompoñe esa mesma liña do horizonte dende diferentes puntos de vista e se xoga coa palabra como recordo que emerxe da paisaxe son o soporte visual desta mostra. A entrada é libre e o horiario se visita de mañá, derradeiro día, é de 11:00 a 14:00 horas.

16 de novembro de 2013 | 12:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.