publicidade hoxe

Tweets e cuñas de radio érguense contra a violencia de xénero en Culleredo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal Portada
A-
A+

A conmemoración do próximo 25 de novembro, Día Mundial contra a Violencia de Xénero trae este ano novas formas de sensibilización. O Concello de Culleredo promoveu un concurso de elaboración de ‘tweets’ e cuñas de raio entre os escolares para lanzar mensaxes de concienciación á cidadanía.

A resposta foi masiva entre os alumnos de 4º de ESO do IES Eduardo Blanco Amor, aos que ía dirixida a iniciativa. O Concello recibiu un total de 91 ‘tweets’ e 41 cuñas. O xurado reuniuse na mañá de hoxe para deliberar e elixir as 5 mellores propostas de ambas as dúas categorías. Os ‘tweets’ difundiranse mediante a conta de twitter do Concello (@ConcCulleredo) e as cuñas serán gravados polos propios escolares para ser emitidas por Radio Culleredo.

A concelleira de Mujer, Penélope López, móstrase moi contenta coa elevada participación lograda entre os mozos do municipio mediante esta nova iniciativa. A edila apunta que os alumnos demostraron “unha grande implicación” para converterse nos creadores de mensaxes sensibilizadores contra esta eiva”.

E é que López está convencida que as mensaxes concienciadores gañan forza ao ser creados polos escolares. “Agora buscamos un impacto moito maior ao distribuílos por medios que chegan a miles de persoas”, afirma. A campaña, denominada “Que se escoite a túa voz, que se lea a túa palabra”, conta con un acto de recoñecemento aos gañadores que terá lugar o próximo luns no instituto. O Concello de Culleredo, ademais desta campaña, desenvolve en relación coa sensibilización sobre a violencia de xénero, talleres de prevención durante todo o curso para alumnos de 2º e 3º de ESO do IES.

Obra de teatro del Ruiseñor

A programación da conmemoración do 25 de novembro que organiza o Concello de Culleredo inclúe a obra de teatro “Gaiola”, creada especificamente pola compañía de teatro El Ruiseño por este motivo. A representación terá lugar o sábado 23, ás 20.00 horas, no auditorio do Conservatorio Municipal de Música de Culleredo. A entrada será libre ata completar o aforamento.

Ademais, o mesmo sábado, pola mañá, o Concello participará na II Andaina contra a Violencia de Xénero que organiza o Consorcio As Mariñas. Desenvolverase no paseo fluvial de Arteixo dende as 10.30 horas, aberto á cidadanía en xeral.

21 de novembro de 2013 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.