Tres xogadoras de softball de Cambre son seleccionadas para o programa de preparación do campionato de Europa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreDeportesDeportes Portada
A-
A+

As lanzadoras do Club de Baseball e Softball de Cambre, Ibone Abruñedo, Sarayd Ramil e Jenifer Loureda foron seleccionadas pola Apoderado do Equipo Nacional Júnior de Sófbol, Rebeca Carrera, asistir ao Clinic para Lanzadoras e Receptoras de Sófbol que terá lugar en Barcelona do 6 ao 8 de decembro próximos. Esta actividade, correspondente ao Programa de Alta Competición, forma parte do programa de preparación para o Campionato de Europa Júnior a celebrar en Holanda en 2014. Trátase das tres únicas deportistas galegas seleccionadas para este clinic no que compartirán cita cunha deportista vasca, unha madrileña e oito catalás.

18 de novembro de 2013 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.