Touroperadores mexicanos visitan A Coruña en busca de destinos turísticos alternativos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaGalicia exteriorLocal Portada
A-
A+
Touroperadores mexicanos na visita á Coruña

Touroperadores mexicanos na visita á Coruña

A tenente de alcalde de Emprego e Empresa e presidenta do Consorcio de Turismo, Luisa Cid, recibiu un grupo de touroperadores de México que está a realizar unha xira por Galicia en colaboración con Turismo de Galicia co fin de coñecer destinos alternativos os habituais e promovelos despois no seu país. Na súa visita á cidade, o grupo visitou os principais monumentos e outros lugares de interese, como a Domus.

Tras a súa visita á cidade, a delegación, integrada por 60 profesionais do sector turístico de México, desprazouse ata o polígono de Sabón para coñecer as instalacións de Inditex. A visita deste grupo de touroperadores enmárcase dentro da liña de traballo que, dende hai meses, se está a realizar dende Turismo de Galicia, unha política que tamén fomenta o Consorcio de Turismo para buscar novos mercados turísticos sen deixar, non obstante, de potenciar os xa consolidados.

5 de novembro de 2013 | 13:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.