Tono Campos regresa ao Breogán do Grove con renovadas ilusións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaO Grove
A-
A+
Diego Romero, presidente e Tono Campos

Diego Romero, presidente e Tono Campos

Tono Campos regresa ao Breogán do Grove con renovadas ilusións. “Volvo á casa”, dixo o padexeiro. Despois de que a tempada pasada fose “tola e esixente, pero boa en resultados”, Tono Campos chegou a un “acordo doado para volver ao Breogán. Influíron moitas cousas, tanto persoais coma profesionais e síntome orgulloso de representar o meu pobo e un club tan importante”.

Tono Campos comezará a traballar para a próxima tempada. Xa ten definidos os seus obxectivos, aínda que considera que aínda debe analizar o calendario de regatas, que aínda non está pechado. Non obstante, desvelou que “o prioritario é competir nas mellores condicións no Campionato do Mundo de pista. Despois hai outros retos na proba de maratón. Pero iso vai estar condicionado polas datas e as condicións que se poñan para poder participar por parte da federación”.

Tono Campos, que logrou tres medallas, unha de ouro e dous de prata nos Campionatos do Mundo que disputou a pasada tempada, destacou que “o calendario da pasada tempada requiriu moito esforzo. Había moi pouco tempo entre as probas e era difícil preparalas.
Para o próximo curso contará con Diego Romero como o seu acompañante o C-2. É unha embarcación que combina a experiencia coa veteranía. Ao respecto, Tono Campos resaltou que tivemos boas sensacións e resultados dende que nos unimos. Somos optimistas, pero tamén sabemos que será difícil lograr os obxectivos marcados”.

Félix José Lamas Goldar, presidente do Breogán do Grove, destacou que “para nós é unha enorme satisfacción poder contar con Tono Campos, polo seu carácter e tamén polo seu enorme potencial deportivo,”. O dirixente sinalou que “o acordo foi doado e sinxelo. Cando marchou hai cinco anos dixo que volvería a este club. E cumpriu esa promesa”.

O Breogán do Grove inicia unha nova etapa na que espera aumentar o número de licenzas no club e escalar posicións na clasificación galega e nacional. Renovou o seu proxecto deportivo e xunto a Tono Campos e Diego Romero espera poder contribuír a que ambos os dous poidan competir nos Xogos Olímpicos de Brasil 2016

7 de novembro de 2013 | 20:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.