Tomiño presenta un “plan estratéxico” sobre as liñas de traballo municipal a seguir nos vindeiros anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

O Concello de Tomiño presentará este luns, 11 de novembro, ás 20.00 horas, no Salón de Plenos, o “Plan Estratéxico 2013-2015”, elaborado polo goberno local e a Escola de Negocios NCG, utilizando unha metodoloxía participativa, a través da cal participaron máis de 50 asociacións e entidades locais, aportando a súa experiencia e ideas para deseñar as accións nas que es preciso traballar nos vindeiros anos, para crear un futuro mellor para o municipio no seu conxunto.

No acto de presentación de este importante traballo, exporanse as liñas principais do mesmo e as conclusións, así coma as iniciativas concretas nas que traballarán nos próximos anos os responsables municipais.

9 de novembro de 2013 | 15:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.