Toca pensar nun Jumilla que chegará crecido a Lugo
Trala derrota sufrida o pasado venres en Tudela, toca pasar páxina, corrixir erros pero sobre todo pensar xa no próximo compromiso ligueiro que terá lugar o vindeiro sábado (18:00 horas – Palacio Municipal dos Deportes de Lugo) ante o Montesinos Jumilla dentro da 11ª xornada de liga en 1ª división, un equipo o murciano que é sétimo na táboa e que chegará a Lugo nun bo momento tras empatar ante ElPozo Murcia precisamente no derbi rexional.
Os lucenses regresaron hoxe ao traballo e fixérono con Diego Núñez como dubida xa que sofre un proceso vírico e Jose López que haberá que ver como está da súa lesión tras non poder competir o fin de semana.
Horarios de adestramentos:
Luns 11:
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).
Martes 12:
10:10 horas: sesión específica de porteiros e técnico-táctica (Municipal).
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).
Mércores 13:
19:00 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).
Xoves 14:
19:30 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).
Venres 15:
10:30 horas: sesión técnico-táctica (Municipal).
Sábado 16:
18:00 horas: 11ª xornada de liga: Azkar Lugo – Montesinos Jumilla (Palacio Municipal dos Deportes de Lugo).
Domingo 17:
Descanso.











