“Terapias en sociedade” levou aos maiores de AFAL ao Museo da Construción Naval

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O programa “Terapias en Sociedade” que promove AFAL Ferrolterra levou aos maiores da asociación ao Museo da Construción Naval, Exponav, situado no emblemático Edificio de Ferrarías. Un grupo formado por vinte usuarios e usuarias do Centro de Día Terapéutico da entidade participaron na actividade, cuxo obxectivo é loitar contra o illamento dos enfermos e favorecer así unha vida social e cultural dinámica na medida do posible.

Nesta liña, a presidenta de AFAL, Milagres Prieto, recordou que este tipo de patoloxías provocan que moitas veces a persoa que a padece se senta perdida, illada do mundo, polo que a entidade busca crear un contexto de vida estimulante. Neste sentido, destacou que este achegamento aos recursos comunitarios constitúe un elemento clave para conseguir a normalización do alzheimer na sociedade. Por iso, AFAL Ferrolterra puxo en marcha este programa que, ata a data, levou aos seus usuarios a museos, exposicións ou representacións teatrais. Sempre, tendo en conta os seus gustos, afeccións e intereses.

Nesta ocasión, e grazas á colaboración da Fundación Exponav, os maiores de AFAL pudie-ron gozar dun percorrido pola historia da construción naval dende o século XVIII. Recorrido que arrancou na planta baixa, nun módulo no que se explica de forma sinxela en que consiste un barco. A continuación, móstrase a tipoloxía dos estaleiros, elementos empregados nas bancadas de construción, recreacións de fragatas, maquetas de embarcacións, pezas orixinarias de barcos… Y, para concluír a visita, os maiores pasaron por unha recreación dun sollado dunha fragata do século XVIII, un aloxamento dun buque de guerra español do século XXI, unha mostra de utensilios de fundición e a recreación dunha fragua.

Dende AFAL, agradécese moi especial a Exponav a súa total predisposición para colaborar ao máximo coa asociación, apoiándoo en programas tan importantes para os usuarios como “Terapias en Sociedade”.

18 de novembro de 2013 | 13:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.