Teo acolle o XII Torneo de Kárate

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesTeo
A-
A+

O Club San Francisco Teo organiza esta fin de semana o XII Torneo Concello de Teo. Esta competición que reunirá a 85 deportistas inscritos en catro categorías dun total de 14 clubes conta coa colaboración municipal. O torneo celébrase o 17 de novembro no pavillón municipal dos Tilos en horario de mañá e tarde.

Neste competición haberá dúas modalidades, kata individual masculino e feminino e  kumite individual masculino e feminino. Participan deportistas dende a categoría xuvenil (12 e 13 anos), cadete (14 e 15 anos), junior (16 e 17 anos) ata senior (a partir de 18 anos).

O torneo comezará ás 10:30 cando se desenvolverán as competicións de kata individual mentras que pola tarde, dende as 16:00 horas terán lugar as de kumite,

Segundo indican dende a organización os clubs participantes son a Agrupación Deportiva Galaika de Santiago; Akai Ryu de Negreira; a Asociación Cultura no Río de Valga; Avalon Kai de Santiago; Bushi Kai de Santiago; Clunny de Santiago; Gimsport de Pontevedra; Karate-do Carballo de Carballo; LN da Coruña; Santiago Apóstol de Narón; Shin Gi Tai de Betanzos; Zanshin de Vigo, Shorinji-Ryu de Escarabote e o propio Club San Francisco Teo de Teo.

14 de novembro de 2013 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.