Teo abre o prazo para inscribirse no Diverteo Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

O Concello de Teo abre o prazo para anotarse no Diverteo Nadal, un programa de conciliación que se realiza nas instalacións dos CEIPs de Calo, Os Tilos e A Ramallosa nas próximas vacacións escolares. Concretamente neste próxima edición desta actividade farase os días 23, 24, 26, 27, 30, 31 de decembro e 2, 3, 7 e 8 de xaneiro. O horario de funcionamento do servizo é de 07:45 a 14:45 horas.

Para inscribirse hai que entregar a ficha de inscrición no Rexistro Xeral do Concello ata o 9 de decembro. O número de prazas dispoñibles é de 95 e 5 a maiores para emerxencias sociais. Dende a Concellaría de Educación indícase que no caso de que a demanda supere a oferta terase en conta a orde de inscrición para o acceso. A ficha xa se pode retirar nas oficinas municipais ou descargar da web municipal.

O custe desta actividade é de 3 euros por día e participante polo que neste nadal o prezo total serán 30 euros. A listaxe de admitidos publicarase a partir do 13 de decembro no taboleiro do Concello e na web. Unha vez comprobada a admisión os asistentes deben facer o pagamento e entregar o xustificante de pago no Rexistro Xeral do Concello antes do 19 de decembro.

25 de novembro de 2013 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.