Teatro, Plan de Igualdade e charlas para conmemorar o Día pola Eliminación da Violencia de Xénero en Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero que se celebrará o vindeiro luns, 25 de novembro, as concellerías mosenses de Benestar Social e Educación e Participación Cidadá que dirixen as edís Sara Cebreiro e Kely Monzón, respectivamente, organizan conxuntamente a programación conmemorativa de tan sinalada data.

O programa, cuio cartel se presentou esta mañá no Concello de Mos, iniciarase o domingo día 24 ás 19.30 horas, víspera do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, coa escenificación por parte da compañía Atrezo Teatro da obra Consello de Nai no Multiusos mosense; obra que versa sobre a violencia machista e o maltrato ás mulleres centrándose nos embarazos durante a adolescencia e no maltrato psicolóxico a unha adolescente embarazada á que a nai do futuro pai lle aporta consellos negativos e cúlpaa de ‘engatusar’ ó seu fillo.

A seguinte actividade terá lugar o propio luns 25 de novembro no CDL, Centro de Desenvolvemento Local Mosense, ás 12.00 horas e consistirá na presentación da Avaliación do II Plan de Igualdade de Mos 2009-2012. O Concello de Mos, trás iniciar o seu compromiso por traballar a igualdade entre homes e mulleres, da comunidade o I Plan Municipal de Igualdade de Mulleres e Homes 2004-2007 e continua o seu labor por erradicar as desigualdades por razón de xénero ao diseñar o II Plan de Igualdade do Concello de Mos 2009-2012. Tivo en conta o primeiro plan co fin de levar a cabo unha continuidade en base ao mesmo fio conductor para unha mellor incidencia e cambio. O II plan basouse datos culturais, demográficos, sociais, laborais e educativos do municipio, facendo uso dos rexistros que levan a cabo os distintos de partamentos. Tamén tívose en conta o marco normativo no que estamos inmersos na actualidade a nivel internacional, nacional e autonómico. Consta de 4 liñas estratéxicas: 1º) Área de concienciación e sensibilización, 2º) Área de servizos sociais e de conciliación da vida persoal, laboral e familiar; 3º) Área da saúde e benestar e 4º) Área sobre a violencia de xénero. Cada liña estratéxica consta dunha serie de actuacións e obxectivos xerais e específicos.

A avaliación deste II Plan de Igualdade realizouse en base a catro dimensións tales coma a análise do proceso, dos resultados, do impacto e o análise cualitativo. O fin do programa é detectar novas necesidades e plasmar recomendacións e melloras a ter en conta no deseño do III Plan de Igualdade do Concello de Mos e orientar as directrices da súa implementación.

Durante o desenrolo do II Plan de Igualdade primouse a transversalidade promovendo actividades que incidisen no fomento da igualdade entre homes e mulleres dende todas as concellerías e departamentos municipais. Entre ditas iniciativas cómpre destacar o Obradoiro de Teatro de Mulleres na Igualdade que cumple este ano a súa cuarta edición e que consiste nun taller que incide moitísimo na concienciación e na sensibilización para a igualdade entre xéneros. Resaltar tamén que para optimizar a avaliación procedeuse a realizar enquisas entre todas e todos os traballadores municipais.

Por último, a concellería de Educación e Participación Cidadá, dando continuidade a estas iniciativas de concienciación, organiza unha actividade formativa dirixida ó alumnado de 6º de primaria do CEIP de Petelos, do Colexio de Castro-Mos e 3º da ESO do IES de Mos, que terá lugar o luns 25 de novembro e o martes día 26. Esta actividade será levada a cabo por Jorge Araujo, técnico da Garda Civil destinado no Cuartel de Mos, e especialista en materia de violencia de xénero.

As charlas terán unha duración de 50 minutos por aula, distribuídos entre unha parte de charla e diálogo, e a proxección da curtametraxe “Conversa cunha muller morta”. Preténdese achegar a información de xeito ameno e activo polo que se fomentará a participación, dándoselle a oportunidade ao alumnado para formular as súas dúbidas e inquedanzas, clarificando así conceptos e desmitificando prexuízos.

20 de novembro de 2013 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.