“Teatro para paxaros” no auditorio do Fórum Metropolitano
A Concellaría de Cultura informa de que o próximo venres, 15 de novembro, o auditorio do Fórum Metropolitano acolle a representación de ‘Teatro para paxaros’, dentro do ciclo Sen Numerar. A actuación empezará ás 20.30 horas.
Escrita e dirixida por Daniel Veronese, ao escenario do Fórum subiranse Gema Matarranz, Elena de Cara, Enrique Torres, Manuel Salas, Paco Inestrosa e Asunción Ayllon. As entradas son a 9 euros, con descontos de 2 euros para persoas con carné novo, maiores de 65 anos e desempregados. As entradas pódense comprar por diferentes canles:
-Despacho da praza de Ourense (pagamentos en efectivo), de 09.30 a 13.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas.
-Despacho do Fórum (pagamentos en efectivo), no mesmo día do espectáculo, unha hora antes.
-Televenda: 902 504 500 – www.servinova.com











