Tarefas de mantemento no campo Luis Bodegas
O pasado mércores día 13 de novembro o Concello de Monforte levou a cabo o mantemento anual do Campo Municipal de Fútbol Luis Bodegas.
Estas tarefas de mantemento foron realizadas por unha empresa especializada debido á maquinaria específica que se precisa para levalas a cabo.
En particular o mantemento inclue os seguintes labores:
– Comprobación e reparación das xuntas, liñas e puntos que se atopan despegados, sobre todo nas zonas de uso máis intenso.
– Descompactación, aireación e limpeza do recheo de caucho e area, empregando maquinaria específica.
– Redistribución dos recheos de area e caucho.
– Reorientación da fibra cun cepillado especial sobre toda a superficie de céspede sintético, co obxectivo de manter a fibra en posición vertical e liberar tódolos filamentos ocultos baixo o recheo.
– Retirada de malas herbas tanto no terreo de xogo como nos arredores do campo.
Un dos principais obxectivos que se perseguen con estes labores de mantemento é prolongar o máximo posible a duración do céspede sintético, ó tempo que se deixa o terreo de xogo en perfectas condicións para o seu uso.











