Tarefas de mantemento nas luminarias da cidade
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Infraestruturas que dirixe Martín Fernández Prado, informa de novas tarefas de mantemento na iluminación pública programadas para hoxe:
-Lugar de San Pedro de Visma.
-Estrada de Bens.
-Paseo marítimo, entre a Domus e a Torre de Hércules.
-Rúa Enrique Mariñas e arredores.
-Camiño da Regueira e arredores.
-Rúa Pablo Neruda e arredores.
-Terceira Rolda, á altura de Meicende.
-Rúa Concepción Areal e arredores.











