Talía Teatro presenta “O método Grönholm” en Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioTui
A-
A+

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 8 de novembro, ás 21.30h, a representación do espectáculo “O método Grönholm” da man de Talía Teatro.

Esta comedia, escrita por Jordi Galcerán, está dirixida por Xúlio Lago e interpretada por Toño Casais, Artur Trillo, María Ordóñez e Dani Trillo.  Ao longo de noventa minutos desenvólvese un xogo de verdades e mentiras no que son manipulados os sentimentos e as emocións sen compaixón. Tres homes e unha muller, con ampla experiencia, aspiran a un cargo executivo nunha multinacional, na obra afrontan a última proba da selección.

As entradas para “O método Grönholm” están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h, ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes ao prezo de 6€ e 4,5€.

5 de novembro de 2013 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.