Talía Teatro leva á Casa da Cultura de Neda a súa obra “Pelos na lingua”
O Concello de Neda convida á veciñanza a unha nova sesión de teatro este venres. Nesta ocasión, a compañía Talía trae á Casa da Cultura “Pelos na lingua”, unha comedia dirixida ao público xuvenil e adulto. O texto encadea unha serie de gags que convidan a reflexionar, con retranca e ironía, sobre os ataques que sofre a lingua e as situacións tan incribles como verdadeiras que vive a nosa fala. María Ordóñez, Toño Casais e Artur Trillo forman o elenco da obra, que dará comezo ás 20,30 horas. O prezo das entradas é de 2 euros.











