Suspendida a saída dos alumnos de Campañó para recoller cogomelos
A chuvia obriga a suspender a saída dos alumnos do CEIP Campañó para recoller cogomelos, que se adía para o luns, 11 de novembro. Esta saída está inxerida dentro dos obradoiros de micoloxía organizados polos Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino do norte do concello (Campañó, Lérez, Xeve e Verducido) en colaboración coa Concellaría de Normalización.
A primeira xornada destes obradoiros realízase no CEIP de Parada-Campañó e comezou ás 10.00 horas coa charla impartida por Amancio Castro sobre “Os cogomelos en Campañó”. O que quedou aprazado para o día 11 de novembro foi a saída para recoller os cogomelos, e polo tanto tamén queda aprazada para ese mesmo día a montaxe da exposición cos cogomelos recollidos.
Estes obradoiros teñen como obxectivo dinamizar o uso do galego entre os escolares a través do achegamento ao ámbito da micoloxía, para o
que se conta coa colaboracióndos especialistas da asociación micolóxica Brincabois. En cada un dos catro centros educativos realizarase un obradoiro que constará das seguintes actividades:
-Charla de introdución á micoloxía.
-Recollida de cogomelos no monte.
-Montaxe de exposición no colexio e identificación dos cogomelos apañados.











