Suspéndense de xeito temporal as visitas ao interior do Castelo de Pambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPalas de Rei
A-
A+
Castelo de Pambre

Castelo de Pambre

Ante o comezo de obras que se están a realizar na Fortaleza Medieval de Pambre, o Concello de Palas de Rei, en aras de preservar a seguridade cidadá, decidiu sustender temporalmente o servicio de visitas ao interior Castelo de Pambre  mentres duren ás obras de restauración do mesmo.

O proxecto de rehabilitación do Castelo de Pambre , deseñado por o arquitecto coruñes Mario Crecente, supón unha inversión de 1.966.458,47 € promovida pola Secretaria Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia e cofinanciado con fondos Europeos, prevé un tempo de execución de obras de 12 meses, con actuacións diversas: traballos de arqueoloxía, acondicionamento do terreo, cimentacións, actuacións na estructura do inmoble, cubertas, fachadas, particións, revestimentos, carpinterías, saneamento, fontanería, electricidade, iluminación, voz/datos, climatización, protección contraincendios, restauración vexetal, xestión de residuos, medidas de seguridade e saude e actuacións diversas.

O servicio de visitas ao interior do recinto amurallado do Castelo de Pambre foi posto en marcha polo Concello de Palas de Rei dende xuño de 2010, habilitando unas guías que xestionaban ás visitas, no ano 2012 contabilizaron 49.932 visitantes o interior do Castelo. Agora ata o remate das obras quedan suspendidas temporalmente as visitas ao seu interior.

29 de novembro de 2013 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.