publicidade hoxe

Soluciónanse os problemas de presión de auga da zona alta do monte Alfeirán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O monte Alfeirán, na parroquia de Rutis, constitúe unha das zonas máis altas do municipio de Culleredo. De feito, encóntrase máis alta que os propios depósitos de auga, o que require o traballo dunha bomba para o abastecemento das numerosas vivendas unifamiliares desta zona limítrofe co municipio da Coruña.

Esta situación provocou un problema histórico: a presión da auga era insuficiente en ocasións nas rúas máis elevadas. Na urbanización Pinamar, os propietarios dispoñían dun equipo, un grupo de presión, para mellorar a subministración.

Agora, virtude do convenio asinado con esta comunidade, o Concello asumiu a xestión de este grupo de presión, ampliou o seu funcionamento e levou a cabo traballos de mellora neste. Este grupo de presión dá servizo agora, ademais de ás rúas da urbanización Pinamar (Pintor Laxeiro, Ramón Maseda e Pintor Francisco Lloréns), ás rúas Benito Viceto e Eduardo Pondal.

As casas de dúas rúas tiñan ata agora un pequeno depósito, de 90 metros cúbicos, situado na rúa Rosalía de Castro, de pouca capacidade. Agora, ao contar co grupo de presión, xa poden recibir o abastecemento do depósito do monte Alfeirán, de moita maior capacidade (900 metros cúbicos), vendo notablemente melloradas as súas condicións.

Ademais, o Concello de Culleredo acaba de completar a obra de mellora do grupo de presión. O proxecto, incluído no Plan de Obras e Servizos, tivo un presuposto de 55.000 euros. Nese mesmo paquete incluíuse a mellora do abastecemento de auga nos núcleos de Rumbo, Liñares e O Cubo. Na Garrocha tamén se solucionarán os posibles problemas no grupo de presión.

O goberno de Culleredo destaca que con esta decisión de asumir o grupo de presión e mellorar o seu funcionamento dáse resposta a unha necesidade trasladada polos veciños do monte Alfeirán, aumentando o desempeño da rede de abastecemento municipal.

13 de novembro de 2013 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.