Sigüeiro acolle a segunda xornada da Liga FITE Galicia 2013 de Taekwon-do ITF

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesOroso
A-
A+

O Club Taekwon-do ITF Oroso e a delegación galega da FITE organizan o segundo encontro da Liga FITE Galicia de Taekwon-do ITF, que terá lugar este sábado 9 de novembro no polideportivo Juanito Amigo de Sigüeiro. O evento, que conta coa colaboración do Concello de Oroso, terá lugar de 10:00 a 20:00 horas. A entrada é libre e de balde.

Neste campionato participan cinco clubs galegos, entre eles os locais do ITF Oroso, que xa disputaron un primeiro encontro o pasado 22 de xuño na localidade de Baio. Os participantes competirán en dúas modalidades: tul e combate. A derradeira xornada da Liga FITE Galicia 2013 terá lugar no Liceo de Noia o vindeiro sábado 14 de decembro. O Club Taekwon-do ITF Oroso participou con 15 competidores en Baio, onde obtivo 7 primeiros, 7 segundos e 11 terceiros postos. Unha puntuación que esperan incrementar este sábado como locais de cara á clasificación final do torneo de liga.

7 de novembro de 2013 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.